Sunday 05 de May de 2024

San Lourenzo xa ten novo parque infantil


O executivo local anuncia a apertura doutro novo parques infantil en Altamira

Cambre continúa co seu empeño de renovar os parques infantís coa instalación de novos espazos de xogos en diferentes parroquias do ámbito rural e na zona urbana. Neste senso, inaugurouse este finde de semana o parque infantil de San Lourenzo, cunha axuda enmarcada no programa FOAYIA 2015 convocada pola da Deputación Provincial da Coruña.

No caso do parque de SAN LOURENZO recolocarase a área de xogos coa colocación dunha rede tridimensional de 2,5 m de altura con tensores aceiro galvanizado con cordas de nylon entrelazado. Ademais instalarase un peirao de 4 prazas e un tobogán.

Ademáis, tamén se fixo un paso para chegar ata o centro social e ata o parque infantil, unha vella demanda vecinal.

A intención do goberno é levar a cabo de forma progresiva unha adecuada transformación dos parques infantís de todo o concello. Así, renovaranse os que están anticuados e instalaranse uns novos nas zonas demandadas polos veciños. Na mesma liña, os parques infantís que están en desuso trasladaranse ás zonas que carecen deles segundo as peticións dos veciños. Unicamente suprimiranse aqueles que están en mal estado, non cumpren coa normativa ou teñen un uso testemuñal, e acometerá obras de recolocación, reforma ou ampliación naqueles que son máis utilizados.